Allservice é unha empresa de servizos de tecnoloxías da información e as comunicacións que axuda ás pequenas e medianas empresas a manterse competitivas e produtivas.
Os servizos de Allservice inclúen o desenvolvemento de páxinas web corporativas profesionais, a xeración de programas informáticos feitos á medida – tanto para uso interno da propia empresa coma para outros usos -, a implantación de sistemas informáticos de xestión e a instalación de redes locais corporativas. Ademais, para complementar a súa oferta Allservice ofrece servizos de asesoramento e formación para que a empresa saque o máximo partido das Tecnoloxías da Información.
Os servizos de Allservice facilitan unha xestión empresarial profesional e eficiente para as pequenas e medianas empresas, integrando as tecnoloxías da información e as comunicacións nos seus procesos de negocio, e axudando a mellorar o uso da información empresarial na toma de decisións.
Nun mundo no que os avances tecnolóxicos se suceden con tanta velocidade, é necesario para as empresas non perder o tren tecnolóxico. Os profesionais de serviciosTIC ofrecemos solucións adaptadas a cada cliente, buscando sempre a mellor proposta que se axuste a cada escenario particular da PEME.
* Asesoramento integral informático
* Coordinación técnica de equipos de traballo
* Venta de Hardware, software, consumibles, …
* Reparación e mantemento de hardware
* Montaxe e mantemento de redes
* Deseño e administración de páxinas web
* Deseño gráfico e folletería
* Deseño multimedia e fotografía dixital
* Servizos de publicidade radio, televisión e prensa
* Telefonía e servizos sms
* Producción de contidos audiovisuais
* …
Comentarios recientes